O domingo 15 de febreiro asistimos á manifestación convocada en Compostela pola plataforma “Galiza non se vende”, denunciando a infraestrutura do AVE Madrid-Compostela baixo o lema:
Dende a nosa formación cocienciados social, cultural e políticamente, ante os acontecementos que se ían sucedendo no noso concello e no país, actuamos.
O PXOM de Vedra, impulsado polo escurantismo do grupo de goberno socialista, deu lugar á primeira “revolución” de Verea.
Despois da aprobación inicial e comezado xa o período de alegacións, máis do 90 % dos veciños e veciñas de Vedra non sabiamos nada de como quedaban as nosas leiras. Só uns cantos privilexiados, con aceso ao poder, o sabían, e moitos deles ben contentos que andaban.
Ante esta situación decidimos dar unha serie de charlas informativas, impartidas por arquitectos especializados en PXOMs que colaboraron con nós gratuitamente, por distintas parroquias do concello, co fin de que todos @s veciñ@s soubesen e puidesen decidir. Claro que decidiron: máis de 800 alegacións para un concello de 5000 habitantes e 2000 vivendas.
Rematado o período de alegacións, e tendo en conta que a actitude do grupo de goberno (daquela con maioría absoluta) non cambiara nada ou incluso empeorara, comezamos a recollida de firmas por todo o concello, para solicitar a modificación do PXOM ou, en todo caso, que fose sometida a consulta popular a súa aprobación definitiva. Conseguimos máis de mil firmas no prazo dun mes. Foi a primeira Iniciativa Popular levada a cabo en Galiza, que obrigaba ao alcalde, por lei, a convocar un pleno extraordinario no cal podía falar un representante dos veciños. Naturalmente convocouse o pleno, pero un luns ás 12:00 h da mañá, cando os ordinarios eran xoves ás 21:00 h. Con todo a asistencia de xente foi masiva e o ambiente tenso. Rematou o pleno e co tempo, as cousas non cambiaron moito, eso si, un pouco máis claras para quen as quixo ver e quizáis máis complicadas para os caciques de turno.
Nun ámbito nacional apoiamos á selección galega no primeiro partido celebrado en San Lázaro, contra Uruguai. Asistimos a diversas manifestacións con pancartas reivindicativas: contra o lume, a favor dos veciños do Eixo,.... e ¿como non? ao día da Patria.
¡Viva Galiza ceibe! ¡poder popular!