“Os cabras” (grupo de montañismo/sendeirismo de Verea) facemos escapadas ao monte da Galiza ou dos arredores que nos quede por conquistar.
Calquera sitio vale, pero moito mellor canto máis lonxe da civilización e peores as estradas. Se logo hai que patear unha chea de km nunha montaña empinada, con camiños cubertos de xeo e neve, durmir en tendas a -10 ºC ou en albergues sen calefacción, entón arredor da fogueira festa rachada.
Picos de Europa, Vilariño de Conso (serra do invernadoiro), o Caurel,... a Fonsagrada? ¿“maldita”?; os nosos motivos temos.
Tamén organizamos actividades de rafting e, en colaboración con outra asociación, puenting no Gundián.