ATA PRONTO!!!!
Verea é unha asociación cultural, deportiva e xuvenil SEN ÁNIMO DE LUCRO.
Somos un grupo de persoas, uns máis nov@s que outr@s, da comarca do Val do Ulla. O noso obxectivo é a divulgación e a dinamización da cultura galega e o asociacionismo , dende unha óptica crítica e de análise social e de respecto ao meio natural.
O noso funcionamento parte de que a Xunta Directiva está a disposición das iniciativas propostas pol@s soci@s. Son os propios soci@s os que deciden as actividades que se realizan, poñéndose eles mesmos ao frente delas, facendo a Xunta Directiva un labor de coordinación e xestión das devanditas actividades.
ZONA DE ENSAIO
Debido ó gran numero de grupo que na actualidade temos na nosa comarca, dende a Asociación Verea queremos contribuir a que isto siga a ser asi, co cal pronto poñeremos o local do que dispoñemos a diposición de todos aquelas persoas que precisan dunha zona de ensaio.... GRATUITA!!
O local estará a disposición tanto de grupos (tanto de xente que empeza como dos que xa estan máis "rodados"), como de persoas particulares que desexen praticar. Non importa o estilo de música que che guste, o local abrirá as súas portas a calquera estilo musical.
Por isto, gustarianos que todos aqueles interesados vos puxerades en contacto connosco para irnos organizando.
Se tedes calquera dúbida: asociacionverea@gmail.com