Verea, dende a súa fundación, organiza numerosas actividades, das cales a máis importante e o “Verea Rock”.
Ata o de agora van xa catro edicións, polas que pasaron: Koma, Habeas Corpus, Ktulu, Berri Txarrak, Hora Zulú, A Palo Seko, Dismal, NdNO, Nao, Túzaros, Knell, Invivo...
Nesta 5ª edición, a modo de celebración dos primeiros 5 anos (que sexan moitos máis!) contamos con grupos presentes noutras edicións:
Ademáis,como xa fixemos noutros anos, contaremos con DJ´s ó rematar os concertos para aqueles que o corpo lles aguante ata a mañá!
O Verea-Rock celébrase cada ano o primeiro fin de semana de xuño (aínda que neste quinto aniversario nos tivemos que cambialo para o segundo sábado do mes) en Merín (Vedra), inspirado polo principio de entrada libre. O compañeirismo entre socios e socias fai posible que máis dun milleiro de persoas toleen con música de balde e ao aire libre, cos servizos dos grandes concertos: aparcadoiro ó carón do festival, zona de acampada, servizos de información, venda de camisolas, bocatas e... moita, moita cervexa.
COMO CHEGAR (pincha enriba para ver zona detallada)
Manterémosvos informad@s.
Tamén organizamos, xunto coas asociacións Ullán e Papaventos, o 4º Festival “Río de Músicas”, concertos de música diversa en bares-pubs do concello, contando coa colaboración dos mesmos.
Este ano comeza o 4 de abril e remata o 16 de maio. Pódese consultar a programación no cartaz.