Es necesario actualizar el Flash Player.

novidades
preparado prá saltar?
os futuros artistas
os mellores videos
todos a auga!
as nosas saidas a natureza
mantemonos ben, ou non?
comprometidos coa causa
mira o que facemos
encontra páxinas amigas
conversa sobre os distintos temas
contacta con nós

TEMA DE FONDO:
DESEQILIBRIO MENTAL-"SANGUE NO RODO"


Esta páxina web en galego tivo unha
axuda outorgada pola Xunta de Galicia


 

FORMACIÓN AUDIOVISUAL

++ PROGRAMA

 

Obradoiro "O intérprete diante da cámara" COMPLETO

 

O interpréte diante da cámara

Impartido por: Maria Bouzas (actriz)
Dirixido a: actores e actrices
Nivel: medio
Duración: 10 horas
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 40 €
Datas: 8, 14 e 15 de Febreiro

Neste curso preténdese que interpretes de teatro ou de outros campos, poidan ter unha aproximación ao traballo diante da cámara e divídese en dous bloques principais:

-Actor e cámara: técnica (marcas, tamaño de plano, raccord de continuidade, etc)
-Actor e director: a creación da personaxe




Iniciación á Dirección de fotografía

Impartido por: Paco Rocha ( director fotografía en As Farolas e Sulfato )
Nivel : Iniciación
Duración : 14 horas
Nº de prazas: 12
Cuota de inscripción: 50 €
Datas: 7 e 8 de febreiro

O curso constará de dúas fases unha eminentemente teórica e curta (4h) e outra práctica de oito horas.

Durante a primeira examinaremos as funcións teóricas do director de fotografia

Durante as fases de preproducción, producción e edición.
- Localizacións, recursos para localizacións exteriores, recursos a ter en conta para interiores, material de cámara, material de iluminación (se é necesario), decisións de batalla (problemas previos), producción (qué lugar ocupar, qué responsabilidade ter), edición (qué podemos facer na edición?)

Na fase práctica:
- Terminoloxía Básica, materiais básicos (lámparas, reflectores, fotómetros), luz principal, iluminación de recheo (gradación de contrastes)

Todas estas cousas se explicarán con material de cámara e iluminación presentes para poder ver insitu os materiais e o seu uso.




Iniciación ós Documentais

Impartido por: Xosé Antón Moure (realizador TVG)
Nivel: iniciación
Duración: 16 horas + un día e medio de rodaxe e edició
N.º de prazas: 30
Cuota de inscrición: 60 €
Datas: 7, 8, 13, 14 e 15 de Febreiro

Preténdese con este obradoiro que as persoas interesadas no audiovisual poidan ter unha visión de primeira man participando, e mesmo elaborando, un documental durante o curso que propoñemos. O curso terá duas fases ben diferenciadas:

7 e 8 de febreiro. Pre-produción e 13, 14 e 15 de febreiro. Rodaxe e edición

Introdución a un proceso audiovisual

En calquer proceso de producción audiovisual distinguimos as seguintes fases:
1. Concepción do proxecto.
2. Documentación.
3. Escritura do guión.
4. Pre-producción.
5. Gravación.
6. Postproducción de video.
7. Postproducción de audio.
8. Creación de master.




Edición de Video

Impartido por: Javier Rosende (editor de correo TV)
Nivel: iniciación
Duración: 12 horas
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 40 €
Datas: 7 e 8 de Febreiro

O obxectivo é adquirir destreza e coñecementos básicos sobre edición dixital.

PROGRAMA: ADOBE PREMIERE PRO VERSIÓN: 1.5

O ENTORNO DO PREMIERE

CAPTURAR VÍDEO E AUDIO

EDITAR VIDEO E AUDIO

IMPORTAR E EXPORTAR VÍDEO/AUDIO/FOTO

GARDAR UN PROXETO




Introdución ao guión audiovisual

Imartido por: Denís López Horro (guionista, actor e presentador)
Nivel: iniciación
Duración: 12 horas
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 40 €
Datas: 14 e 15 de febreiro

Que é un guión? Presentación técnica. Como contar unha historia. A estrutura. O diálogo.

Como contar unha historia en imaxes. Tentaremos amosar ó alumno os pasos necesarios para levar a súa historia á pantalla tentando, na medida do posible, aplicalos á práctica. Non se precisa experiencia.




Videocreación en directo

Imartido por: Miguel Seoane (músico)
Nivel: iniciación
Duración: 14 horas
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 60 €
Datas: 14 e 15 de febreiro

Edición e montaxe de videoloops, estudo de efectos e renderización. Preparación dunha sesión en directo, técnicas de mestura, croma e sesión práctica con música.




Iniciación ás Curtametraxes

Impartido por: Alber Ponte (director e guionista de curtametraxes)
Nivel: iniciación
Duración: 16 horas + un día e medio de rodaxe e edición
N.º de prazas: 30
Cuota de inscrición: 60 €
Datas: 7, 8, 13, 14 e 15 de Febreiro

Preténdese con este obradoiro que as persoas interesadas no audiovisual poidan ter unha visión de primeira man participando, e mesmo elaborando, unha curtametraxe durante o curso que propoñemos. O curso terá duas fases ben diferenciadas:

7 e 8 de febreiro. Pre-produción

Nesta fase, a partir do análise dun guión (que terán que traer elaborado a partir dun relato breve que poñerá a organización ao alcance de todos e todas e que máis tarde realizarán) procurarase que todos os alumnos/as teñan unha visión o máis ampla posible das distintas facetas, tanto artísticas coma técnicas, que interveñen na realización dunha curta: son, iluminación, dirección, produción, fotografía, planificación do rodaxe (esceas, descansos, comidas, localizacións, proxecto fotográfico, traballo actoral, estética, etc).

13, 14 e 15 de febreiro. Rodaxe e edición

Neste fin de semana (venres, sábado e domingo) levarase a cabo a rodaxe e a edición das curtas, que serán estreadas na tarde do domingo 15.

Formaranse como máximo 3 grupos de rodaxe. A organización proveerá a todos os equipos do seguinte material:
1 cámara dixital, baterias, 1 trípode., equipo informático para a edición con apoio técnico, 2 cintas MDV, 1 micro e 1 pértiga.

Observación xerais:
Os equipos traballarán sobre un mesmo relato, obtendo así varias visions distintas, varios xeitos de narrar e varias estéticas distintas do mesmo feito.
O curso levarase acabo de xeito práctico e participativo tendo en conta o obxectivo final: a rodaxe do guión traballado anteriormente. Trátase, en definitiva, de traballar sobre distintos aspectos da pre-producción , produción e rodaxe.
A organización lle entregará aos alumnos/as o relato sobre o cal van traballar.
A organización poñerá ao servicio dos equipos as persoas nercesarias para labores de axudantes de produción (unha persoa por equipo).
A organización encargarase de organizar as comidas para os/as participantes que o desexen; as comidas non están incluidas na cuota de inscripción.
Todas as curtas editadas neste taller deberán colocar nos créditos que son unha producción da Asociación cultural, deportiva e xuvenil VEREA




 
 
 
Es necesario actualizar el Flash Player.