
No mes de febreiro celebraremos no Concello de Vedra as II Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual FORMACCIÓN 09.
FORMACCIÓN 09 prantéxase como a consolidación do traballo levado a cabo na anterior edición, mais tamén como unha aposta por afondar no carácter formativo das xornadas e potenciar a súa condición de escaparate de traballos audioviduais producidos en Galiza. As Xornadas constarán de dúas liñas de actividade ben diferenciadas, aínda que complementarias entre sí:
- Mostra de curtametraxes, na que ofreceremos unha serie de traballos que os distintos realizadores de Galiza e doutras partes do Estado están a facer. Nesta edición proxectaranse traballos realizados por algúns dos asistentes ás xornadas anteriores.Outra novidade importante desta edición 09 é que se creará o premio do público á mellor curtametraxe.
- Obradoiros de formación audiovisual, nos que queremos ofrecer unha oportunidade de formación en diferentes aspectos da realización audiovisual, pensados para todos aqueles quen se queira achegar por primeira vez a este mundo.