Verea é unha asociación cultural, deportiva e xuvenil SEN ÁNIMO DE LUCRO.
Somos un grupo de persoas, uns máis nov@s que outr@s, da comarca do Val do Ulla. O noso obxectivo é a divulgación e a dinamización da cultura galega e o asociacionismo , dende unha óptica crítica e de análise social e de respecto ao meio natural.
O noso funcionamento parte de que a Xunta Directiva está a disposición das iniciativas propostas pol@s soci@s. Son os propios soci@s os que deciden as actividades que se realizan, poñéndose eles mesmos ao frente delas, facendo a Xunta Directiva un labor de coordinación e xestión das devanditas actividades.
VEREA ROCK ´09
Agora que xa pasou o Verea 2009, a asociación verea xa estamos a traballar para facer a 6ª edición do Verea-Rock, para o cal nos gustaria que nos dixerades que cousas vos gustaron, cales cambiariades e en xeral que cousas vos gustaria encontrar o próximo ano!!
Visita a galeria de fotos e revive os mellores momentos do VereaRock 09 e todos aqueles que teñades algunha foto que queirades colgar pois non tedes mais que enviarnolas ó correo da asociación.
Ademáis se estás interesad@ en formar parte da organización da próxima edición ponte en contacto connosco e poderás vivir o Verea-Rock dende dentro e tamén as outras actividades que facemos ó longo do ano.
Por certo: Un saúdo á SGAE!!!!!!, pois este ano tampouco perderon a oportunidade de asistir ó festival pero cuns fins recadatorios, polo que esperamos que o próximo ano non aparezades ou polo menos cambiade de "vampira", ainda que como cada ano marcharedes coas mans vacías!!!!!
Os días 28 e 29 de Marzo hase celebrar no Pavillón Municipal de Vedra a MARATÓN DE FÚTBOL SALA VEREA ´09, 32 horas de deporte ininterrompidas.

DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
DESCARGAR HORARIOS DOS PARTIDOS
IMPORTANTE: Todo equipo deberá confirmar que realizou o ingreso na conta e ademáis deixar un telefóno de contacto por se fora necesario (non vos esquezades tampouco da folla de incrición.
O correo da Asociación: asociacionverea@gmail.com